Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Magosto e Samaín

É tempo de castañas, cabazas e por suposto...día de celebración no cole! Clicando na imaxe pódense ver algúns dos terroríficos disfraces.

Volta á biblioteca!

Hoxe puidemos visitar a biblioteca, onde Noelia nos explicou as normas xerais da mesma: uso e préstamo de libros, permanencia nela... Contounos, tamén,  unha fermosa historia relacionada co consumo responsable e, finalmente, levamos os primeiros libros. Tiñamos moitas ganas de tocalos, ollalos e levalos.  A partir do día 2 de novembro estará aberta para todos. Poderemos acudir a ela  os xoves, coa titora, e os todos os martes que nos apeteza, na hora de recreo. Preme na imaxe para ver outras.

Imaxes e vídeo da ruta da Moa e o Pan

Por fin puidemos facer a ruta da Moa e o Pan que quedara aprazada do curso pasado. Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Acompañáronnos Ignacio, técnico da Reserva, e Miguel que foi o noso profesor e nos dera unha charla sobre os muíños e o pan no mes de maio. A ruta foi guiada por Fran, de Compás Proxectos de Animación Sociocultural e Turística, que nos explicou a importancia da auga; o patrimonio que hai no río Pelamios e Betanzos; a cultura do pan; e o coidado do entorno. Clica na imaxe para ver as fotos da ruta

Programa educativo da Reserva da Biosfera: Ruta da Moa e o Pan

O venres 22 de outubro temos previsto realizar a Ruta da Moa e o Pan, una actividade do Programa educativo da Reserva da Biosfera que, debido ao mal tempo, tiveramos que aprazar o curso pasado.  O percorrido desta ruta transcorre polo concello de Betanzos. Clica para ver a circular informativa desta saída . Neste mapa pódese ver información e imaxes dalgúns dos puntos de interese da ruta.

Achégate ó Consumo Reponsable!!

Ollade os nosos anuncios e premede neles se queredes escoitar información relacionada co Consumo responsable, que dá nome ó proxecto de centro deste ano. O alumnado de 5º e 6º centrarémonos no sector téxtil. Esperamos que vos gusten e vos axude a entender a necesidade de ser uns consumidores responsables.                                                                  

!Emociónate!

 Durante la clase de valores hemos trabajado un poquito más sobre las emociones. En este caso, sobre las primarias y las secundarias.                

Presentamos "O Tarabelo nas ondas"

 Os alumnos de 6º tivemos o pracer que presentar o primeiro programa de "O Tarabelo nas ondas" deste curso. Nel introducimos o proxecto do centro titulado  Consumo responsable .  Pasámolo moi ben como protagonistas desta edición e esperamos que vos guste. Podedes escoitalo clicando na imaxe

Arte e emocións

Durante os primeiros días estivemos traballando diferentes emocións. Empregamos a arte, a través de diversas audicións musicais e manifestacións plásticas, para facilitar a súa expresión.  Clicando na imaxe pódense ver algúns dos traballos.