Comezamos un novo curso cheo de ilusións, retos e aventuras. Estes primeiros días servíronnos para reencontrarnos, compartir como nos sentimos e descubrir que, durante o verán, todos e todas cambiamos un pouquiño: algunhas persoas medraron en altura, outras descubriron novas afeccións, e tamén aprendemos cousas sobre nós mesmos que nos fan sentir máis seguros e preparados para esta etapa.
Este ano o noso proxecto de centro xirará arredor do mar, un tema que nos acompañará en moitas das actividades e aprendizaxes. Para ir entrando en materia, puxémonos a proba cun desafío en equipo: tiñamos que imaxinar que quedabamos nunha illa deserta e decidir, xuntos, que obxectos levar. Despois, tivemos que redactar un plan para sobrevivir durante 24 horas con eses obxectos, sabendo que algúns podían ter consecuencias positivas… e outros non tanto.
Foi unha experiencia divertida e chea de risas, pero tamén aprendemos a escoitar aos demais, chegar a acordos, e valorar a importancia de colaborar en grupo.
Non teñades dúbidas á hora de imaxinar todo o que nos espera este curso: aprendizaxes, proxectos creativos, novas amizades e, sobre todo, moitas ganas de navegar xuntos/as por este último curso no CEIP Sada y sus Contornos.🌟
Benvidos a bordo!
Buen comienzo de curso!
ResponderEliminar