Xa temos rematado o mural dos "Cómics da nosa vida".
Agradecemos inmensamente ás familias que participaron da nosa proposta.
Quedounos unha parede moi decorada e con moita información á que lle sacar proveito.
A través desta liña do tempo puidemos:
1. Coñecer títulos e personaxes de cómic das diferentes épocas.
2. Observar a evolución desta tipoloxía textual ao longo do tempo.
3. Realizar unha cronoloxía a partir da investigación propia.
4. Achegarnos ás familias da escola e ver similitudes entre elas e nós mesmos.
Sen dúbida unha experiencia para repetir.
Agardamos vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario