Hoxe, o alumnado de sexto participou, na Casa da Cultura, na actividade do programa da Consellería de Educación para a prevención do acoso e ciberacoso escolar baixo o título "Pasando a bóla".
Esta consistiu nunha representación teatral da man da compañía "A Xanela do Maxín" como ferramenta para concienciar ao alumnado sobre comportamentos, actitudes, situacións... que poden responder ao acoso ou ciberacoso escolar e como dar resposta en cada caso.
Aprendizaxes imprescindibles para a vida.
Podedes ver as imaxes da actividade facendo clic sobre as máscaras de rol (observadores, valentes, familias, acosadores, seguidores, víctimas...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario