Hoxe disfrutamos da nosa visita ao Museo de Humor Xaquín Marín, en Fene.
O alumnado de 5º e 6º de primaria puideron coñecer as diferentes salas adicadas ao humor gráfico, escultórico... e incluso unha específica de humor negro (a máis complexa de todas).
Asemada visitaron a biblioteca e participaron dun xogo arredor dos cómics máis solicitados e prestados na mesma.
Unha xornada divertida e de aprendizaxe.
Facede Clic sobre a imaxe para poder gozar de todas as fotos desta saída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario